Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade foi impartida polo Plan de Prevención das Condutas Adictivas

- Abordaron cuestións como o maior risco de accidentes ou a mingua da produtividade

ObradoiroAdiccións1

Valga, 10 de abril de 2024.

O alumnado do Obradoiro de Emprego Xóvenes II asistiu esta mañá a unha charla sobre a incidencia do consumo de drogas no ámbito laboral, impartida por persoal do Plan de Prevención das Condutas Adictivas.

Faláronlles aos mozos dalgunhas das substancias de consumo máis habitual, coma o alcol, o tabaco ou o cannabis, e como estas lles afectan a nivel persoal, xa sexa física ou psiquicamente. Pero fixeron especial fincapé en como o consumo destas drogas repercute no traballo.

As consecuencias máis habituais a nivel laboral son ausencias inxustificadas ao posto de traballo, maior posibilidade de sufrir accidentes, mal ambiente laboral, mingua da produtividade e perdas de tempo (por exemplo, para fumar) ou menor calidade do produto elaborado.

Neste coloquio tamén se abordaron cuestións lexislativas, en concreto o que recollen a Lei xeral da Seguridade Social ou o Estatuto do Traballador sobre o consumo de drogas. Unha das principais cuestións a ter en conta é que se se sofre un accidente estando baixo os efectos de calquera substancia, este non se considerará accidente laboral.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes II, no que participan dezaseis mozos de Valga e Moraña, foi posto en marcha por estes dous concellos en outubro do pasado ano, cunha subvención da Xunta de Galicia. Está cofinanciado pola Unión Europea mediante o programa FSE+Galicia 2021-2027.

ObradoiroAdiccións2 ObradoiroAdiccións3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver