Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade foi realizada a través do Plan de Prevención das Condutas Adictivas

- Tamén se traballou a autonomía dos usuarios cunha saída ao mercado para adquirir froitas

CODISaudable1

Valga, 27 de marzo de 2024.

As actividades do Plan de Prevención das Condutas Adictivas chegaron nas últimas xornadas ao CODI para traballar cos seus usuarios diferentes aspectos sobre hábitos de vida saudables. Este obradoiro constou de tres sesións nas que se realizaron diferentes accións, todas enfocadas ao mesmo obxectivo: a promoción de condutas que incidan positivamente no benestar físico, emocional e social.

Estes hábitos, tal e como se lles explicou nunha xornada teórica celebrada onte, céntranse en aspectos coma a alimentación, o descanso, a hixiene e a práctica de actividade física.

Pero, ademais, os usuarios realizaron talleres prácticos. O primeiro, de elaboración de cócteis sen alcol, para darlles ideas de bebidas alternativas cando participen en festas ou celebracións. Empregando zumes, froitas e refrescos elaboraron combinados de diferentes sabores.

Esta mañá completaron as actividades cunha saída ao mercado de abastos de Padrón onde mercaron diferentes froitas coas que, despois, de volta no CODI, prepararon e degustaron unha merenda saudable. Esta xornada, ademais de incidir nos beneficios dunha alimentación sá, permitiu traballar tamén a autonomía dos usuarios.

O Plan de Prevención das Condutas Adictivas, que o Concello de Valga comparte con Dodro, Padrón, Rois e Rianxo, vén de iniciar fai unhas semanas unha nova campaña de actividades para a promoción da vida saudable e advertir sobre as consecuencias do consumo de drogas e doutras adiccións relacionadas coas tecnoloxías ou o xogo, por exemplo.

CODISaudable2 CODISaudable3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver