Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Instalarán unha malla antiherba no chan para evitar que medre vexetación e estenderán unha nova capa de area

- Nas últimas semanas tamén realizaron traballos de poda no pavillón de Baño e en Vilarello

XovParqueIDM1

Valga, 28 de febreiro de 2024.

O alumnado do módulo de forestais do Obradoiro de Emprego Xóvenes II está a executar traballos no Parque Irmáns Dios Mosquera, unha das principais zonas de ocio do concello.

En concreto, as actuacións céntranse no parque de xogos infantís, coa retirada da area que cubría o chan da zona na que se atopan a tirolina e os aparellos de calistenia. “É area vella e está mesturada con herbas e terra”, explica o docente da especialidade, José Manuel Picallo. “Estamos eliminándoa ata chegar ao solo vexetal, onde instalaremos unha malla antiherba para que non rebrote a vexetación. Despois faremos un recheo, deixando os bordos máis elevados para que a area non invada o paseo”, engade.

Ademais desta obra, os aprendices de forestais continuaron nas últimas semanas cos traballos en zonas verdes, xardíns e espazos naturais de Valga, coma a área fluvial de Vilarello e os exteriores do pavillón de Baño. “Priorizamos a poda porque, con estes cambios de tempo que se están a producir, as árbores xa empezan a brotar", indica Picallo. Por exemplo, en Baño realizaron unha actuación de mantemento xeral. Podaron os abetos e loureiros a un terzo de ramaxe dándolle unha forma ornamental, tamén actuaron sobre os cactos e rafias e retiraron as hedras dos troncos de varias árbores “para evitar que as asfixiaran”.

Todos os restos vexetais foron despois triturados e empregaranse como material estruturante nos composteiros municipais, evitando así a súa queima e os prexuízos medioambientais que esta produce.  

O Obradoiro de Emprego Xóvenes II, no que participan dezaseis mozos de Valga e Moraña, foi posto en marcha por estes dous concellos en outubro do pasado ano, cunha subvención da Xunta de Galicia. Está cofinanciado pola Unión Europea mediante o programa FSE+Galicia 2021-2027.

XovParqueIDM2 XovParqueIDM3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver