Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- “O sol das últimas semanas axudou moito á floración”, sinala Rosa Crespo, presidenta da asociación organizadora

- O alcalde asistiu á entrega de agasallos aos participantes e ao concerto que ofreceu a Orquestra Clásica de Valga

IMG 20240203 WA0127

Valga, 3 de febreiro de 2024.
É a flor de Galicia por excelencia e durante esta fin de semana protagonista absoluta no Auditorio Municipal. É a camelia, que a asociación de mulleres rurais “Albor” homenaxea cada ano coa Mostra “Bella Otero”.

Uns corenta expositores participan nesta décimo sexta edición cos seus centros e composicións florais nos que destaca o colorido propio das distintas variedades desta especie. Centros educativos, ANPAs, asociacións e outros colectivos valgueses e tamén coleccionistas particulares, tanto locais coma foráneos, participan na mostra. “Cada vez hai máis coleccionistas en Valga”, sinala Rosa Crespo, presidenta de Albor. E a iso contribuíu precisamente a Mostra da Camelia, xa que cada ano os participantes son agasallados cun exemplar que lles axuda a ampliar as súas plantacións.

Este ano non foi moi propicio para a camelia, xa que “tanta chuvia e a falta de sol fixeron que as plantas tardaran moito en florecer”, comenta Rosa Crespo. “Estas últimas semanas solleiras viñeron moi ben, xa que axudaron moito á floración”.

A exposición abriuse ao público este mediodía e, pola tarde, coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, tivo lugar a entrega de agasallos. A continuación actuou a Orquestra Clásica Galega de Valga. Mañá domingo a mostra estará aberta de 11:00 a 21:00 horas.

IMG 20240203 WA0114 IMG 20240203 210958

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver