Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O xeodestino presentou o Plan de Sostibilidade Turística, para promocionar o seu territorio a través da diversificación da oferta

- O Concello conta cunha partida de 600.000 euros que destinará á recuperación da mina Porto Piñeiro

Fitur24 1

Valga, 25 de xaneiro de 2024.
A concelleira de Turismo, Malena Isorna, representou a Valga esta mañá na presentación do xeodestino Mar de Santiago en Fitur. A marca, da que tamén forman parte Pontecesures, Catoira e Vilanova, presentou as liñas mestras do seu Plan de Sostibilidade Turística para o ano 2024, co obxectivo de atraer visitantes en torno á ruta marítimo-fluvial da Traslatio, para a que os catro concellos contan cun investimento de 1’7 millóns de euros. Estes fondos permitirán promocionar o territorio de Mar de Santiago a través da diversificación da oferta turística.

O acto de presentación contou coa participación de Antonio Casas, xerente da Axencia Turismo de Galicia; Santiago Paz, responsable da asistencia técnica do xeodestino; e Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova.Transición verde, eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade son os catro eixos do Plan, no que se enmarca a recuperación da lagoa Porto Piñeiro, unha acción para a que o Concello de Valga conta con 600.000 euros de fondos europeos Next Generation. Esta cantidade permitirá dar continuidade ao proxecto de rexeneración da antiga mina e á dotación de servizos para a súa posta en valor como novo recurso recreativo e turístico.

Fitur24 2 Fitur24 3

Fitur24 4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver