Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estase a mellorar o pavimento en parte da zona de xogos para evitar a medra de herbas e maleza

- Os aprendices farán unha soleira de formigón sobre a que se estenderá unha capa de area

XóvenesMMercedes1

Valga, 27 de novembro de 2023.

As actuacións prácticas que se están a desenvolver como parte do programa formativo Xóvenes Moraña-Valga II tamén abranguen a especialidade de albanelería, que centra os seus traballos no parque infantil da Mina Mercedes, co obxectivo de mellorar o seu pavimento.

En concreto, as melloras afectan á zona do parque que tiña chan de area, para evitar que a herba e a maleza medren entre os distintos elementos que forman parte da área e xogos. Estes foron retirados e os aprendices dividiron o espazo cuadrículas para facer unha soleira de formigón sobre a que asentar as bases das randeeiras, balancíns e demais xogos. Sobre ela estenderán unha capa de 30 centímetros de area e pecharase a zona cun bordo rematado con madeira.

A segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e o concelleiro Pedro Calvo achegáronse ata o parque para comprobar como se están a desenvolver os traballos nesta área de ocio infantil, unha das máis empregadas do concello dende a súa creación.

Son un total de dezaseis os mozos de Valga e Moraña que participan neste Obradoiro de Emprego, recibindo formación teórica e práctica nas especialidades de albanelería e forestais. O proxecto é cofinanciado pola Unión Europea mediante o programa FSE+Galicia 2021-2027.

XóvenesMMercedes2 XóvenesMMercedes3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver