Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Explicouse aos participantes como funcionan ferramentas coma os antivirus, xestores de contrasinais ou a verificación en dous pasos

- A formación continuará o día 4 de decembro cunha xornada de carácter máis práctico

Ciberseguridade1

Valga, 20 de novembro de 2023.

A protección dos sistemas e da información confidencial ante ataques dixitais é un asunto que causa cada vez máis preocupación entre a poboación. E, para mostra, a xornada formativa que esta mañá se celebrou no Auditorio, centrada precisamente nesta temática e que ateigou a Aula CeMIT.

Con todas as prazas cubertas, o técnico en ciberseguridade da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), David Bascoy, impartiu este obradoiro no que se abordaron as diferentes ferramentas de protección que están a disposición dos usuarios da rede (antivirus ou xestores de contrasinais) e as principais ameazas ás que están expostos (fraudes bancarias, ataques baseados en enxeñería social e outras estafas cada vez máis sofisticadas e difíciles de detectar).

“As fraudes e a posibilidade de que poidan acceder ás súas contas ou roubarlles diñeiro é o que máis preocupa aos asistentes” ao obradoiro, sinala David Bascoy.

A actividade consta de dúas xornadas. A primeira delas, impartida hoxe, centrouse en como protexer as contas empregando contrasinais seguros ou ferramentas coma a verificación en dous pasos. O segunda parte terá lugar o vindeiro 4 de decembro, terá un carácter máis práctico explicarase como identificar as ameazas en liña e como protexerse ante elas.

Ciberseguridade2 Ciberseguridade3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver