Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Colocáronse máis de sesenta metros de valado e tres cancelas

- Tamén se adquiriron xogos para o patio e para as aulas

VallaEIM1

Valga, 30 de outubro de 2023.

Tralas melloras acometidas nos colexios rurais do CRA de Valga, o Concello vén de realizar novas actuacións de acondicionamento dos centros escolares co obxectivo de que os cativos conten coas mellores instalacións e infraestruturas posibles nas que desenvolver a actividade educativa.

Desta volta as obras afectaron á Escola Infantil Municipal, con traballos que afectaron ao patio exterior que conta agora cunha nova varanda de madeira que ofrece maior seguridade ao alumnado nos momentos de xogo nesta zona. A varanda foi feita e instalada por persoal municipal e está tratada en autoclave. Os balaústres están reforzados para unha mellor conservación. Colocáronse máis de 60 metros lineais de varanda e tres cancelas que delimitan as diferentes zonas de patio.

Ademais, tamén se dotou ao parque de diferentes elementos de xogo, coma unha caseta de madeira, unha mesa, dúas cociñas infantís, un horteiro e unha pérgola de 4x3x2’49 metros similar a outra xa existente. Estas dúas estruturas cubríronse con malla de sombreo.

Por último, adquiríronse xogos e material didáctico adecuados á idade dos cativos.

VallaEIM2 VallaEIM3

VallaEIM4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver