Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mestra composteira impartiu unha charla no colexio Ferro Couselo e, en datas próximas, farao tamén no CRA

- Explicoulle ao alumnado que se debe botar no composteiro e nos diferentes colectores do lixo

CompostXFC1

Valga, 4 de outubro de 2023.

Co inicio do curso escolar, o departamento de Compostaxe do Concello retoma as actividades de educación ambiental nos centros educativos, que comezaron hoxe no colexio Xesús Ferro Couselo de Cordeiro.

A mestra composteira, Silvia Torres, ofreceu unha charla ao alumnado do centro, dende 1º a 6º cursos de Primaria. Faloulles sobre a reciclaxe de residuos orgánicos e, en concreto, sobre o funcionamento dos composteiros, explicándolles que é o que se pode botar neles e o que non. Ademais, tamén lles falou sobre a separación do resto de residuos e cales deben depositarse nos colectores das distintas fraccións.

O colexio Ferro Couselo, ao igual que todos os centros educativos de Valga, conta cun composteiro no que se reciclan os residuos orgánicos xerados no propio colexio, fundamentalmente os restos das merendas do alumnado, evitando que estes acaben no contedor verde. A través do proceso de compostaxe o centro obtén abono natural que utiliza nas súas zonas verdes, para fertilizar plantas e arborado.

En vindeiras datas realizaranse actividades similares nas escolas do CRA. O obxectivo destas charlas é implicar aos nenos coa correcta separación do lixo en xeral e coa reciclaxe dos biorresiduos en particular, como unha vía para que eles transmitan nos seus fogares a importancia destas boas prácticas.

CompostXFC2 CompostXFC3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver