Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aprendices das especialidades de albanelería e forestais percibirán o salario mínimo durante un ano

- “Aproveitade esta oportunidade como se fose a última, para adquirir experiencia e acadar un traballo”, díxolles Bello Maneiro aos participantes

InaugXóvenes1

Valga, 4 de outubro de 2023.

A conselleira de Promoción do Emprego, Elena Rivo, inaugurou esta mañá no Auditorio Municipal o Obradoiro de Emprego Xóvenes II, acompañada polo secretario xeral técnico da Consellería, Alberto Fuentes, o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Emprego, Carmen Gómez. Tamén asistiu o rexedor de Moraña, Sito Gómez, posto que o obradoiro é promovido conxuntamente polos concellos de Valga e Moraña. Nel participan dezaseis mozos dos dous municipios, que se formarán nas especialidades de albanelería e forestais durante un ano, no que percibirán o salario mínimo interprofesional. Proxecto está cofinanciado pola Unión Europea mediante o programa FSE+Galicia 2021-2027.

Bello Maneiro animou aos alumnos a “aproveitar esta oportunidade como se fose a última, para así adquirir experiencia” que lles abra as portas do mercado laboral, ben sexa por conta allea ou a través do emprendemento e a creación de novas empresas. Ademais da formación teórica, os aprendices realizarán obras de interese público, entre elas rehabilitación e mellora de infraestruturas municipais e acondicionamento de parques e sendeiros. O alcalde agradeceu á Xunta de Galicia a aportación económica que realiza (424.836’96 euros) para que este obradoiro poida levarse a cabo.

A conselleira, pola súa parte, incidiu en que “a actitude” dos participantes é o factor determinante para que o Obradoiro de Emprego sexa un éxito. “Podemos investir moitos cartos, pero se vós non queredes, non hai nada que facer”, díxolles aos alumnos. Os certificados de profesionalidade que van a recibir unha vez rematado o proxecto “son equivalentes a unha FP e albanelería e forestais son dous sectores nos que hai demanda de traballadores”.

InaugXóvenes2 InaugXóvenes3

InaugXóvenes4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver