Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o día 25 de outubro

- Deben entregarse, asinados con pseudónimo, na biblioteca municipal de Cordeiro

ConcursoContos

Valga, 4 de outubro de 2023.

As bibliotecas municipais organizan, con motivo do Samaín, o certame “Cóntame un conto de medo”, aberto á participación de alumnado de Educación Primaria matriculado no CEIP Baño-Xanza ou no CEP Xesús Ferro Couselo.

Cada persoa só pode presentar unha obra, que debe ser un conto de medo escrito en galego, orixinal e inédito. As bases establecen que a extensión máxima do relato será de 3 folios (obrigatoriamente de tamaño A-4) escritos por unha soa cara e debe asinarse con pseudónimo. Presentarase nun sobre pechado e, noutro sobre grampado ao traballo, figurarán o nome e apelidos, curso e grupo do autor, así coma un número de teléfono de contacto.

Os contos entregaranse na Biblioteca de Cordeiro, situada na planta baixa do Auditorio, antes do 25 de outubro.

Establécense dúas categorías, unha para 1º, 2º e 3º cursos de Primaria e outra para 4º, 5º e 6º, e haberá un premio en cada unha.

Bases

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver