Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os concellos de Valga e Moraña teñen concedidos outros dous obradoiros nos que poderán formarse 36 persoas

- O vindeiro luns inaugúrase o taller Xóvenes II, cos módulos de albanelería e forestais

ClausuraObradoiroVI 1

Valga, 29 de setembro de 2023.

A segunda tenente de alcalde e concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, asistiu esta mañá ao acto de clausura do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI, unha experiencia formativa na que participaron dez veciños desempregados de Valga e outros tantos de Moraña durante o último ano, no que aprenderon os oficios de carpintería e forestal mediante a asistencia a clases teóricas e tamén coa realización de obras de interese público.

No caso de Valga, os aprendices de forestais realizaron intervencións de acondicionamento en espazos verdes e áreas de esparexemento coma o Parque Irmáns Dios Mosquera, na Praza do Concello, na Mina Mercedes, lagoa Porto Piñeiro, en Baño e na praia de Vilarello. No módulo de carpintería, traballaron na instalación dun falso teito de madeira no local social de Setecoros e renovaron douscentos metros de varandas na praia de Vilarello. Nesta mesma contorna, tamén construíron escaleiras de acceso ás bancadas do auditorio ao aire libre, instalaron dous bancos e dúas illas de contedores.

Carmen Gómez destacou o “traballo e empeño” do alumnado para sacar adiante estes proxectos, “que quedaron moi ben e deben supor para vós un orgullo”. Os propios alumnos, representados por María José Suárez e Sergio Abal, se referiron á satisfacción que supón para eles ver materializado o seu traballo e “recibir a gratitude dos veciños”.

A clausura contou tamén coa participación do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, o alcalde de Moraña, Sito Gómez, e o exalcalde desta localidade, José Cela, que estaba no cargo cando deu comezo o Obradoiro, en outubro de 2022. En representación do equipo directivo e docente interviu a directora, Mª Carmen Vidal.

O delegado da Xunta anunciou que a agrupación formada polos concellos de Valga e Moraña ten xa concedidos outros dous obradoiros de emprego. O primeiro, Xóvenes II, inaugúrase o vindeiro luns e nel participarán 16 mozos desempregados que se formarán en albanelería e forestais. O outro é a sétima edición do proxecto Ulla-Umia, con vinte prazas nos módulos de carpintería e forestais. A Xunta de Galicia subvenciona ambos talleres con preto dun millón de euros.

ClausuraObradoiroVI 2 ClausuraObradoiroVI 3

ClausuraObradoiroVI 4 ClausuraObradoiroVI 5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver