Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os vinte participantes no proxecto rematan a súa formación en carpintería e forestais a finais deste mes

- Un dos aprendices xa conseguiu colocarse no mercado de traballo no mes de xullo

ObraVIInserción1

Valga, 22 de setembro de 2023.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI, proxecto promovido polos concellos de Valga e Moraña, está a apurar as súas últimas semanas de actividade para completar o programa formativo. Nos últimos días, o alumnado asistiu a varias sesións sobre inserción laboral e técnicas de búsqueda de emprego, co obxectivo de abrirse camiño no mercado laboral unha vez que, a finais deste mes, remate o obradoiro.

Esta é unha formación complementaria ás especialidades nas que traballaron os vinte aprendices durante o último ano, carpintería e forestais. O módulo tivo duración de 15 horas e foi impartido por unha empresa externa homologada pola Consellería de Emprego.

O seu obxectivo foi dar a coñecer aos participantes a situación actual do mercado de traballo, as competencias profesionais e laborais que facilitan o acceso ao mesmo, as características do persoal máis demandado polas empresas e os recursos dos que dispoñen para atopar un emprego. Os aprendices elaboraron un proxecto profesional persoal que contribúa a unha inserción exitosa, xa sexa por conta allea ou propia.

A dirección do Obradoiro deu “moita importancia a esta formación, xa que estamos a traballar arreo para axudar ao alumnado a insertarse no mercado laboral. De feito, xa se conseguiu a colocación dun aprendiz da especialidade de carpintería”, destaca a directora, Mª Carmen Vidal.

ObraVIInserción2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver