Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As clases de inglés, de dúas horas semanais, impartiranse no Auditorio os martes e xoves

- A reserva de praza pode facerse a través de correo electrónico ou no teléfono 986 851 225

 

Valga, 22 de setembro de 2023.

A Escola Municipal de Idiomas retomará a súa actividade a comezos do mes de outubro con cursos de inglés que impartirá no Auditorio o Centro de Idiomas Waterford e nos que poden participar todas as persoas, a partir de 5 anos de idade, interesadas en mellorar o seu nivel nesta lingua estranxeira, tanto por motivos académicos coma laborais ou outros.

O prazo de matrícula está aberto para nenos, mozos e adultos, que teñen que cubrir a folla de solicitude (pode descargarse na ligazón https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) e enviala por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Tamén se pode obter información sobre o trámite nos teléfonos 986 851 225 e 698 133 512.

O curso dará comezo o día 1 de outubro e rematará a finais de xuño de 2024, con pequenos períodos vacacionais en Nadal e Semana Santa, coincidindo co horario escolar. As clases son de dúas horas semanais e nelas faise especial énfase no aspecto oral para darlle un enfoque máis práctico á aprendizaxe do idioma, así como á preparación do alumnado para a obtención dalgún certificado oficial que recoñeza o nivel adquirido. O prezo é de 45 euros mensuais para persoas empadroadas en Valga e de 50 para veciños doutros concellos.

Centro de Idiomas Waterford ten una ampla traxectoria na impartición de cursos de Inglés a todos os niveis e conta con profesorado especializado. É, ademais, centro examinador oficial de Trinity College London e tamén centro preparador oficial de Cambridge University, orientando aos estudantes cara a obtención dos certificados PET (B1) ou FIRST (B2). Estes exames avalían o nivel das competencias tanto orais como escritas dos alumnos e están recoñecidos polas institucións educativas. Do  mesmo xeito, prepara aos rapaces máis novos para a obtención dos certificados expedidos por Trinity College of London.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver