Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Consello da Xunta declarou o proxecto de interese social para iniciar a súa tramitación urxente

- Recuperaranse para a actividade agrícola terras que hoxe se atopan abandonadas o infrautilizadas

 

Valga, 21 de setembro de 2023.

O Consello da Xunta vén de aprobar, na súa última xuntanza, a declaración de utilidade pública e de interese social do polígono agroforestal que se creará na parroquia de San Miguel, unha zona que se destinará prioritariamente á plantación de viñedo e que permitirá poñer en valor un total de 29’57 hectáreas de terreo distribuídas en 377 parcelas de 107 propietarios.

Esta declaración implica que existen razóns de interese público que permiten iniciar unha tramitación urxente do procedemento.

O desenvolvemento deste polígono permitirá poñer en produción áreas de terra que actualmente se atopan en estado de abandono ou infrautilizadas o que, ademais de xerar riqueza, contribuirá á loita contra os incendios forestais.

Este polígono tramítase en paralelo ao proxecto de restruturación parcelaria da mesma parroquia, que afecta a unha extensión de 125 hectáreas nos lugares de Martores, Vilares e Laceiras, cun total de 2.100 parcelas dunha superficie media de 700 metros cadrados e que pertencen a 322 propietarios.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver