Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os centros rurais valgueses incorporan a partir do luns a 25 novos rapaces

- Catro das seis escolas case acadan a ratio máxima de vinte alumnos

CRAEscolaVilarello

Valga, 8 de setembro de 2023.

O Centro Rural Agrupado (CRA) inicia o luns o novo curso 2023/2024 cun novo aumento de matrícula. As escolas rurais seguen a presumir de boa saúde e atraen cada ano a familias tanto de Valga coma doutros concellos da contorna que ven, na súa metodoloxía e nas súas instalacións, unha garantía para a educación dos seus fillos.

O CRA de Valga, con sedes en Chenlo, Xanza, Vilarello, Ferreirós, Forno e Campaña, tense convertido nos últimos anos en modelo de innovación educativa para outras escolas de toda a xeografía galega incluso doutras zonas de España que ven centros coma o de Vilarello un espello no que mirarse e evolucionar. O seu método baséase en proxectos, ambientes de aprendizaxe, atención á diversidade, ensino personalizado e individualizado e a apertura á contorna e a aos espazos naturais.

Os resultados están á vista: un incremento constante de matrícula que continúa tamén neste curso, pasando de 86 a 89 nenos, dos que 25 son de nova incorporación. “En catro das seis escolas rozamos a ratio máxima que é de vinte alumnos”, indica a nova directora, Antía Piñeiro. Deste xeito, a responsable do CRA confirma que “gozamos de moi boa saúde, e é unha sorte porque non abunda nestes tempos nas escolas rurais, xa que a maioría están pelexando por manter a cifra de seis nenos para non pechar”.

Alumnado procedente de Santiago, Catoira, Padrón, Meis, Cuntis, Caldas de Reis, Pontecesures ou Rois, entre outros concellos, convivirán durante o curso que dá comezo o luns nas aulas das escolas valguesas.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver