Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os chefs Fran Jamardo, Coque Fariña e Rocío Garrido prepararon varias receitas con distintas variedades de augardente

- Unha ensalada con xelatina de caña de herbas ou alas de polo maceradas en augardente branca foron algunhas das elaboracións

CañaPrato23 1

Valga, 23 de agosto de 2023.

A caña artesanal de Valga non só é apreciada como bebida, senón tamén como ingrediente culinario. Os chefs de Indo e Vindo Gastronomía levan anos demostrándoo e onte volveron a ofrecer un showcooking no que a augardente, nas súas distintas variedades, foi a protagonista absoluta. Rocío Garrido, Fran Jamardo e Coque Fariña prepararon un menú formado por tres pratos –ensalada, peixe e carne– e unha sobremesa cos que non deixaron indiferente a ningún padal.

A degustación comezou cun Guacamango no que, á base verde da ensalada, se engadiron cebola, tomate, aguacate e mango; todo aderezado con lima e acompañado por gambóns á prancha flamexados con caña de herbas. A augardente estaba presente, tamén, noutra elaboración do prato: unha xelatina en dados.

Outra das propostas gastronómicas dos tres cociñeiros foi un Sashimi de xurel curado e sopreteado, acompañado de alga wakame, sementes de sésamo e falso caviar de caña de herbas. E para rematar cos pratos salgados, unhas ás de polo maceradas en caña branca e con salsa barbacoa que tiña, tamén, entre os seus ingredientes, a augardente do país.

O showcooking “A caña no prato” concluíu un toque doce: un tiramisú de caña tostada feito con café, biscoito e unha crema preparada con caña tostada. Este licor tamén se empregou para elaborar unha xelatina co que se completou a receita.

O “Agosto Gastronómico” está xa chegando á súa fin. Despois dun mes cheo de actividades, o vindeiro martes celebrarase o último showcooking desta edición, dedicado á Ruta-Concurso “Tapa a Anguía”, que este ano celebra o seu décimo aniversario. Hostaleiros de Valga que gañaron este certame rememorarán algunhas das súas mellores receitas con anguía.

CañaPrato23 4 CañaPrato23 3

CañaPrato23 5 CañaPrato23 10

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver