Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos afectarán ao tramo comprendido entre a estrada PO-548 e a vía do ferrocarril

- Tamén están adxudicados e pendentes de executar os traballos no río Valga, na contorna do Parque Irmáns Dios Mosquera

RíoLouro

Valga, 16 de agosto de 2023.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar por 330.431 euros as obras para a mellora do espazo fluvial do río Louro, no tramo comprendido entre a estrada autonómica PO-548 e a vía do ferrocarril.

Os traballos, adxudicados á empresa Nemesio Ordóñez S.A., forman parte das actuacións para minimizar o risco de inundacións que se desenvolverán en distintas zonas de Valga e recollidas no plan de xestión dos ríos Ulla e Sar.

O proxecto adxudicado consiste na mellora da capacidade hidráulica do río, nunha zona na que a presión sobre a canle se ve aumentada polas edificacións e áreas de cultivo das inmediacións, que deixan pouco espazo ao río. Para resolver esta problemática, que provoca asolagamentos en épocas de chuvias, executarase un encanamento de aproximadamente 800 metros, comezando uns 50 metros augas arriba da estrutura baixo a estrada PO-548 e ata a liña do tren.

Esta actuación enmárcase nun convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Concello de Valga e que recollen distintas actuacións necesarias para evitar inundacións na localidade, cun investimento total de 1’25 millóns de euros. Están tamén adxudicadas e pendentes de que comece a súa execución as obras na marxe dereita do río Valga, na contorna do Parque Irmáns Dios Mosquera, por valor de 208.815 euros. E está tamén prevista unha segunda actuación no río Valga, entre a liña do ferrocarril e A Devesa.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver