Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os bares inscritos son Caprichos, Maneiro, Potel, Couceiro, Auditorio, Palmera Beach, Pardal, Comparada e Pontellón

- Os petiscos poderán degustarse gratis coas consumicións os días 19, 20, 26 e 27 de agosto

Tapas23Web

Valga, 10 de agosto de 2023.

A Ruta-Concurso “Tapa a Anguía”, que o Concello convoca anualmente dentro da programación da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, xa ten establecementos participantes. Serán un total de nove: Pastelería Caprichos, Bar Maneiro, Bar Potel, Café-Bar Couceiro, Cafetería Auditorio, Bar Pardal, Palmera Beach, Casa Comparada e O Pontellón Café-Bar.

A actividade gastronómica, que cumpre o seu décimo aniversario, trata de promocionar un dos produtos estrela da festa, a anguía, e incentivar o consumo nos locais de hostalería do municipio. O Concello será o encargado de facerlles chegar o peixe xa limpo para que poidan preparar as tapas.

A ruta prolongarase durante as dúas últimas fins de semana do mes de agosto. O apartado de concurso celebrarase unicamente os días 19 e 20, mentres que na seguinte fin de semana (días 26 e 27) tan só haberá degustación. Os petiscos serviranse de xeito gratuíto coas consumicións os sábados en horario de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 e os domingos de 12:00 a 15:00 horas.

As tapas coas que participan os diferentes establecementos son:

- Bar Pardal: Pesto de anguía

- Café bar O Pontellón: Anguía ao estilo Pontellón

- Palmera Beach Valga: Paella de anguía á mariñeira

- Café bar Couceiro: Anguía ao forno con salsa de anguía

- Pastelería Caprichos: Tosta de anguía con crema de aguacate

- Cafetería Auditorio: Anguía no escenario

- Bar Maneiro: Anguía no seu punto

- Casa Comparada: Compa roliños

- Bar Potel: Anguía en salsa sofritida

O público decidirá cos seus votos cales son as mellores tapas e, polo tanto, os locais gañadores dos Mandís de Ouro, Prata e Bronce. Para participar na votación é preciso reunir os selos dos bares participantes despois de degustar as súas tapas e introducir a papeleta nas urnas habilitadas ao efecto. Entre todas as persoas que participen na elección das mellores tapas sortearanse dez vales de 30 euros cada un para gastar no comercio local.

Mantense, ademais, o xurado profesional, que será o encargado de elixir a tapa que se degustará na Festa da Anguía do vindeiro ano 2024.

CartelTapas23ok

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver