Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Impartiranse as especialidades de albanelería e forestais, cun total de 16 participantes de entre 16 e 30 anos

- As persoas que queiran aspirar a unha praza deben inscribirse cando antes no Servizo Público de Emprego

 

Valga, 14 de agosto de 2023.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, vén de aprobar unha subvención de 424.836’96 euros para a posta en marcha dun novo obradoiro de emprego conxunto para os concellos de Valga e Moraña, e dirixido a persoas de entre 16 e 30 anos que poderán formarse nas especialidades de forestais e albanelería.

O obradoiro terá unha duración de 12 meses e poderán participar un total de 16 mozos que se atopen en situación de desemprego. As persoas que queiran optar a unha praza deben inscribirse no Servizo Público de Emprego nos seguintes módulos:

  • Forestal: AGAR0208
  • Albanelería: EOCB0108

O obxectivo do programa é mellorar a empregabilidade dos participantes mediante a impartición de formación profesional en cada unha das especialidades elixidas. Esta parte teórica complementarase con prácticas profesionais consistentes na realización de obras de interese e utilidade pública. Deste xeito, os aprendices pasarán a contar cunha cualificación profesional que favorecerá a súa inserción no mercado laboral.

En Valga as obras a executar incluirán o mantemento, acondicionamento e mellora do Camiño Portugués e de áreas de lecer coma Mina Mercedes, Porto Piñeiro, a praia fluvial de Vilarello, o monte de Beiro ou o Parque Irmáns Dios Mosquera. Tamén está previsto actuar nalgúns dos muíños tradicionais existentes no municipio e mellorar a sinalización da Ruta Mariana.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver