Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O rexedor e a concelleira Carmen Gómez asistiron ao acto de conmemoración das primeiras sentenzas ditadas en galego no partido xudicial de Caldas

- O Concello de Valga leva 25 anos empregando exclusivamente o galego como lingua de traballo

galego1

Valga, 13 de abril de 2018.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez asistiron esta mañá ao acto de descuberta dunha placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en galego nos xulgados de Caldas de Reis polos maxistrados Manuel Pereira Costas, Dalila Dopazo Blanco e Encarna Dasi Dorelle. Esta homenaxe foi promovida pola Irmandade Xurídica Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta, no marco da campaña “Lingua de Lei. 35 aniversario da Lei de Normalización Lingüística”.

O acto contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o maxistrado do Tribunal Supremo, Luciano Varela, e os alcaldes dos municipios que integran o Partido Xudicial de Caldas, entre eles Valga. José María Bello Maneiro e os seus homólogos asinaron a chamada “Declaración de Caldas de Reis”, na que se comprometen a liderar o proceso de normalización lingüística no ámbito local e nos eidos das actividades administrativas e xurídicas, coa adopción de medidas concretas por parte das asesorías xurídicas, propias ou externalizadas, e das policías locais, que son parte de moitos procesos xudiciais como denunciantes ou como testemuñas.

Este acordo quere consolidar o papel normalizador dos concellos por medio da xeneralización do uso do galego como principal lingua de traballo e comunicación. Neste sentido, o alcalde lembrou que o Concello de Valga leva máis de 25 demostrando o seu compromiso coa lingua galega. No ano 1991 introduciu e priorizou o uso do galego como idioma da administración e dende 1993 emprega exclusivamente o galego en todas as tarefas administrativas.

galego2 galego3 galego4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver