Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Trinta nenos de 4 a 12 anos asisten no recinto do CEIP Baño-Xanza á Escola de Verán

- En Vilarello reúnense unha quincena de mozos de 12 a 16 anos que participan nun campus deportivo 

EVAgosto1

Valga, 4 de agosto de 2022.

A comezos desta semana, co inicio do mes de agosto, as actividades de conciliación despediron aos  participantes de xullo e deron a benvida aos  máis de corenta novos inscritos para o mes de agosto. Boa parte deles, ata trinta, danse cita de luns a venres no recinto do colexio Baño-Xanza, onde se desenvolve a Escola de Verán, dirixida a nenos de 4 a 11 anos de idade e na se desenvolven obradoiros, contacontos, baile, animación á lectura e xogos que fomentan a igualdade, a cooperación ou respecto medioambiental.

Durante esta semana de toma de contacto, os cativos coñeceron a temática sobre a que van xirar boa parte das actividades que realicen: os detectives, polo que terán que ir resolvendo misterios e descubrindo enigmas. Esta mañá, por exemplo, unha pantasma “roubou” varios obxectos da contorna e os pequenos detectives tiveron que resolver a situación. Experimentos, xogos cooperativos, sesións sobre hábitos saudables e un taller deportivo con zumba e ioga foron outras das actividades que realizaron durante estes días.

En paralelo, na praia fluvial de Vilarello danse cita unha quincena de mozos de entre 12 e 16 anos que participan nun campus deportivo organizado este verán por primeira vez. Na xornada inaugural, debido á chuvia, a actividade limitouse a xogos de mesa, pero o resto das xornadas realizaron unha xincana deportiva, xogaron ao bádmiton, voleibol, fútbol e xogos populares e realizaron un obradoiro de primeiros auxilios.

Esta mañá desprazáronse andando dende Vilarello ata a Mina Mercedes, onde disputaron unha carreira de obstáculos empregando os diferentes elementos e xogos dos parques infantil e de calistenia.

Estas actividades son gratuítas e teñen como obxectivo para favorecer a conciliación familiar coincidindo coas vacacións escolares.

EVAgosto2 EVAgosto3

EVAgosto4 EVAgosto5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver