Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro tamén participaron na visita á veciña do Coto

- Agasallárona cun ramo de flores e unha torta na que apagou as candeas

Regina103 1

Valga, 27 de xullo de 2023.
Regina Grela Fernández, a avoa de Valga, está hoxe de aniversario. Cumpre 103 anos e o alcalde, José Maria Bello Maneiro; visitouna no seu domicilio do lugar de O Coto (Campaña), acompañado pola segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, que a agasallaron cun ramo de flores e unha torta na que a centenaria soprou as candeas co número 103.

Nada no 1920, Regina está recuperarse dun pequeno achaque de saúde e recibiu aos representantes municipais coa súa característica ledicia e curiosidade, preguntándolle a Bello Maneiro pola súa idade ou interesándose pola vestimenta dos visitantes. Porque, aínda que na súa mocidade non era nada presumida, cos anos foi adquirindo coquetería e gústalle arranxar o cabelo e vestir roupa alegre e colorida.

A centenaria, que exerce como polo de unión de toda a súa familia, ten unha filla, catro netos e unha media ducia de bisnetos, que nestes días celebraron con entusiasmo o seu aniversario.

Regina103 3 Regina103 4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver