Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Realizaron unha primeira entrega de 250 e antes de rematar o ano chegarán ata o medio milleiro

- A cesta coa que se agasalla aos bebés está composta por produtos feitos por diferentes entidades sociais de Galicia, entre elas Asdivalu

Babeiros1

Valga, 21 de xullo de 2023.

Os usuarios do CODI están a elaborar medio milleiro de babeiros para a Consellería de Política Social da Xunta, que os incluirá nas cestas benvida coas que se agasalla aos pais e nais que acaban de ter un fillo e que contén produtos básicos para os primeiros días de vida dos bebés.

Trátase, ademais, dunha cesta solidaria, xa que os produtos que inclúe están elaborados ou rematados por usuarios de entidades sociais de Galicia destinadas á protección da infancia ou á atención das persoas con discapacidade. Entre estes colectivos está a Asociación de persoas con discapacidade dos vales Ulla e Umia (Asdivalu). A través dela, os usuarios do CODI fixeron xa unha primeira entrega de 250 babeiros que eles mesmos pintaron artesanalmente con motivos infantís.

Aló polo mes de maio comezaron con esta tarefa, unha máis das actividades formativas, educativas e de integración que se desenvolven no centro. Nos vindeiros meses entregarán unha segunda remesa de babeiros ata completar un lote de 500.

Babeiros2 Babeiros3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver