Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O gañador na categoría de caña branca recibirá 500 euros e as mellores augardentes de herbas e tostadas acadarán 300 euros cada unha

- O prazo de inscrición estará aberto ata o día 22 de agosto

CañaPaís22

Valga, 20 de xullo de 2023.

O Concello de Valga convoca o Concurso da Caña do País, unha iniciativa que se enmarca dentro da programación da XXXIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebra na última fin de semana do mes agosto.

Ao certame poden concorrer destiladores artesanais que estean empadroados en Valga, nas tres modalidades habituais: caña branca, tostada e de herbas.

Coa finalidade de manter a imparcialidade do certame e o anonimato dos participantes, estes deberán presentar as augardentes nun envase específico que recollerán, con anterioridade, nas oficinas do Concello. Entregarán os licores debidamente embotellados e tamén un sobre pechado coa ficha de inscrición e datos persoais (enderezo e teléfono de contacto).

O prazo permanecerá aberto ata as 14:00 horas do día 22 de agosto.

Os premios que se repartirán entre os concursantes ascenden a 1.100 euros en total. O produtor da mellor caña branca será gratificado con 500 euros, mentres que os primeiros premios dos licores de herbas e tostado ascenderán a 300 euros. Os segundos clasificados recibirán un trofeo e un diploma conmemorativo 

As catas das augardentes terán lugar os días 24 e 25 de agosto nas instalacións do Centro de Interpretación da Caña do País e os gañadores daranse a coñecer o día 26 durante os actos da XXXIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

O vencedor de cada unha das modalidades quedará obrigado a entregar ao Concello o garrafón da augardente premiada.

BandoCaña23

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver