Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A compañía Ibuprofeno Teatro e o programa de dinamización lingüítica FalaRedes traen a Valga esta obra galardoada con varios premios

- A través da metáfora gastronómica preséntanse asuntos que afectan á sociedade actual

FuranchoWeb

Valga, 18 de xullo de 2023.

A compañía teatral Ibuprofeno Teatro chega ao Auditorio Municipal coa comedia “O furancho” e da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia. Será o vindeiro día 28 de xullo ás 20:00 horas con entrada de balde para todo o público que queira botar unhas risas con Isabel Risco e Marián Bañobre.

Elas son as protagonistas da obra, unha proposta divertida estreada en 2015 e recoñecida pola crítica, xa que recibiu o Premio María Casares ao mellor vestiario e os premios ao mellor espectáculo e mellor actriz (Isabel Risco) do Festival do Teatro Galego do Carballiño.

A través da idea dun furancho-spa e da metáfora gastronómica, esta comedia escrita por Santiago Cortegoso trata cuestións que afectan á sociedade contemporánea coma a pobreza cultural, sentimentos coma a soidade ou os prexuízos.

FuranchoCartel

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver