Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Cambiaranse un total de 14 ventás e 4 portas do edificio, o que contribuirá a un mellor illamento e maior eficiencia enerxética

- As obras saíron a contratación esta semana e as empresas poden presentar ofertas ata o día 26

CasaCultura

Valga, 12 de xullo de 2023.

A Casa da Cultura de Valga recibirá un investimento de 50.849’61 euros para a renovación de toda a súa carpintería exterior. O Concello e a Consellería de Presidencia cofinanciarán as obras, para as que o departamento da Xunta de Galicia concedeu unha subvención de 35.594 euros a través dunha liña de axudas para a mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vencelladas á prestación de servizos municipais.

A actuación consistirá na renovación de ventás e portas do edificio. Instalaranse, en concreto, 4 portas novas e 14 fiestras con rotura de ponte térmica e dobre acristalamento.

Ademais da mellora estética do inmoble, a renovación da carpintería de aluminio exterior mellorará o illamento permitindo acadar un maior confort en todas as estancias. Reduciranse as filtracións de aire e as perdas de calor, o que  redundará nun importante aforro enerxético. E, así mesmo, mellorarase a seguridade grazas aos sistemas de apertura e bloqueo reforzados dos novos elementos.

A actuación saíu a licitación a comezos de semana e o prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o día 26 de xullo.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver