Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello acolleu unha xuntanza de coordinación para establecer as alternativas para a circulación de vehículos e as rutas de transporte

- Construirase un novo paso sobre o río Louro para ampliar a capacidade hidráulica e evitar desbordamentos

ReuniónEP8504 1

Valga, 11 de xullo de 2023.

O Concello de Valga acolleu nos últimos días unha xuntanza para establecer o funcionamento do transporte público e as alternativas para a circulación de vehículos mentres se executan as obras de mellora da drenaxe na estrada EP-8504 (Forno-Cernadas), á altura do lugar de Reguengo. Este proxecto, que executa a Deputación cun investimento de 291.000 euros, obrigará a cortar a estrada de forma temporal.

Na reunión participaron o alcalde, José María Bello Maneiro; a xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, María Martínez; o xefe do servizo de Infraestruturas da Xunta, Manuel González Juanatey; técnicos da Deputación, entre eles o xefe do departamento de Infraestruturas; representantes da compañía de transporte Benito Abalo e da empresa adxudicataria do proxecto, Moncosa.

As obras darán solución á problemática que ocasionan as crecidas do río Louro. Para iso demoleranse os pasos existentes sobre o río para executar uns novos que ampliarán a capacidade hidráulica. Tamén se executarán traballos de limpeza e a construción de dous muros de contención.

Ademais, este proxecto permitirá ampliar a plataforma da calzada e dotala de maior seguridade, engadindo espazo para o tránsito peonil e aplicando un novo pavimento. As actuacións completaranse coa instalación de varandas e barreiras de seguridade, sinalización horizontal e redutores de velocidade.

A execución das obras obrigará a cortar o tráfico, polo que os vehículos deberán circular por rutas alternativas. Tal e como se acordou na xuntanza de coordinación, instalarase sinalización informativa sobre o peche da estrada tanto na N-550, á altura das Cernadas, coma nas inmediacións da igrexa de Setecoros. Ademais, produciranse modificacións nos horarios e rutas do transporte público de autobús, sobre as que se informarán con anterioridade a que se produza o corte.

Unha vez rematada a obra en Reguengo, executarase outra similar na mesma EP-8504 pero á altura de Bercia (Cordeiro). O obxectivo é o mesmo: poñer fin aos desbordamentos que se producen en épocas de chuvia e que afectan á estrada. O alcalde conseguiu o compromiso de que ambas obras non coincidirán no tempo, polo que a de Barcia non dará comezo ata que finalice a de Reguengo. Tamén neste caso será necesaria unha reordenación do tráfico, sobre a que se informará no seu debido momento.

ReuniónEP8504 2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver