Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O certame repartirá tres premios por valor de 150, 100 e 75 euros

- O prazo para entregar as obras estará aberto ata o día 1 de agosto

Anguíaok

Valga, 11 de xullo de 2023.

Con motivo da próxima celebración da XXXIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, declarada de Interese Turístico de Galicia, o Concello convoca o concurso artístico para elixir o cartel anunciador da programación.

Ao certame, que repartirá 325 euros en premios, poden concorrer persoas empadroadas en Valga presentando unha obra na que obrigatoriamente se debe facer referencia aos produtos que pon en valor a festa, a anguía e a caña, ou a elementos que sexan esenciais nos procesos de obtención dos mesmos.

Non se establecen limitacións de técnicas a empregar na elaboración das obras, pero si deben axustarse á medida A3 (297 x 420 mm.) e ter orientación vertical. Deben estar elaboradas sobre algún soporte bidimensional coma lenzo, cartolina ou papel, entre outros Os orixinais deben incluír o escudo oficial do Concello de Valga e o texto “XXXIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. Agosto 19, 20, 25, 26 e 27”.

As obras non poden ser asinadas polo autor para garantir a imparcialidade do concurso, senón que deben presentarse baixo un lema ou pseudónimo. Xunto co deseño orixinal, o participante ten que presentar no rexistro do Concello un sobre pechado e introducir no seu interior a folla de inscrición debidamente cuberta cos seus datos persoais, enderezo e teléfono de contacto. Este sobre identificarase co mesmo lema da obra.

O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o día 1 de agosto. A folla de inscrición pode descargarse na ligazón https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes ou recollerse en papel nas oficinas municipais.

Outorgaranse tres premios por valor de 150, 100 e 75 euros. Ademais, a obra gañadora do primeiro premio será o cartel anunciador da XXXIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

Folla de inscrición

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver