Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto inclúe a limpeza de marxes e reapertura de cunetas e unha nova capa asfáltica de 4 centímetros de espesor

- As actuacións, coas que se reforzará seguridade viaria, fináncianse a través do Plan Concellos da Deputación

ObrasEstradasPC

Valga, 8 de xullo de 2023.

O Concello vén de sacar a contratación un proxecto de mellora de estradas de titularidade municipal que recolle actuacións nun total de doce vías. Trátase de estradas e pistas que se atopan en  malas condicións para a circulación, polo que é preciso proceder ao seu acondicionamento e reparación para poder dar un servizo axeitado aos usuarios, tanto vehículos coma peóns, mellorando a seguridade

As estradas obxecto de intervención atópanse nos seguintes lugares: Outeiro-As Eiras, Carballiño-Torre, Desabanda, Martores-Parafita-O Pino, A Medela, Cerneira, Carballiño, Torre-Souto, Loncras, Cernadas, Tarroeira e fronte ao Belén Artesanal.

As obras que comprende o proxecto inclúen a limpeza do firme e das marxes con reapertura de cunetas, derrubamento do firme existente nas zonas nas que sexa necesario, novo pavimento de 4 centímetros de espesor realizado con mestura bituminosa en quente, realce e posta a cota do pavimento das tapas de rexistro.

As empresas teñen de prazo ata o día 31 de xullo para presentar ofertas coas que optar á adxudicación da obras, que se financian a través do Plan Concellos da Deputación e teñen un orzamento de 252.176 euros.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver