Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O club Río Ulla e o Concello colaboran nesta actividade que fomenta a práctica deportiva entre os cativos

- Os adestramentos realízanse os martes e xoves a partir das doce do mediodía

EscolaBaloncesto1

Valga, 7 de xullo de 2023.

O pavillón municipal de Baño acolle dende o pasado martes a Escola de Verán de Baloncesto, impartida polo club Río Ulla coa colaboración do Concello. Un total de trinta e dous rapaces de entre 6 e 12 anos participan nesta actividade que se desenvolve por terceiro ano consecutivo en Valga, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva entre os cativos e ofrecerlles alternativas de lecer durante as vacacións estivais. Ademais, esta escola permítelle ao club organizador captar novos xogadores para os seus equipos.

Dous adestradores encárganse dos diferentes grupos, distribuídos en función da idade e do nivel. Os máis pequenos reciben clases de iniciación con xogos e tarefas coas que traballan aspectos coma aprender a recibir o balón sen facerse dano nas mans.

O grupo dos medianos céntrase en técnicas de perfeccionamento, posto que a maioría xa levan anos practicando este deporte e algúns incluso están en dinámica de selección galega. Os máis veteranos, pola súa parte, realizan sesións de tecnificación co obxectivo de acadar un maior rendemento.

Esta Escola de Verán prolongarase ata o mes de agosto con sesións os martes e os xoves de 12:00 a 13:30 horas.

EscolaBaloncesto2 EscolaBaloncesto3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver