Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Máis de trinta persoas asistiron ás clases impartidas por Ángeles Garrido no CODI e no Auditorio

- A actividade promove o envellecemento activo a través da expresión artística

DiplomasCS1

Valga, 7 de xullo de 2023.

O obradoiro de pintura do Campus Sénior clausurouse co acto de entrega de diplomas, que tivo lugar no Auditorio Municipal coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, e das concelleiras Carmen Gómez e Malena Isorna.

Trinta e tres persoas asistiron ás clases de pintura e manualidades impartidas por Ángeles Garrido dende o pasado mes de outubro e na que os participantes traballaron a expresión artística. Pintura con acrílico, debuxo, traballos sobre tella, cristal ou cerámica foron algunhas opcións elixidas para desenvolver unha faceta que moitos deles nin sequera sospeitaban que tiñan. Porque para algúns destes novos artistas, o Campus Sénior supuxo a súa primeira experiencia no mundo da pintura.

Pero máis aló disto, esta actividade trata de promover o envellecemento activo. “Sérvelles de terapia e para estar acompañados”, explica Ángeles Garrido. “Levan deberes, fan actividades nas súas casas e mantéñense activos. Ademais, conseguiuse que houbera moita integración no grupo. Encántalles estar todos xuntos e facer actividades en común; cousas que non puideron facer de mozos”, engade a mestra.

O alcalde e as concelleiras fixéronlles entrega dos diplomas que acreditan que completaron o curso e animáronos a continuar realizando esta e outras actividades que lles permitan socializar e explorar todo o seu potencial.

DiplomasCS2 DiplomasCS3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver