Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os patinadores amosaron as súas destrezas e realizaron piruetas e figuras en varios bailes grupais e en parella

- Aínda hai prazas para participar na Escola de Verán, que se prolongará ata o mes de agosto

Patinaxe23 1

Valga, 6 de xullo de 2023.

A Escola Municipal de Patinaxe clausurou o curso cunha exhibición que tivo lugar no pavillón de Baño e na que participaron os 75 nenos e mozos de entre 3 e 21 anos que durante os últimos meses asistiron ás clases impartidas por Olalla Pérez.

No transcurso da gala, os patinadores realizaron bailes grupais, un de parella mixta e, os de maior nivel, demostraron as súas destrezas en varios “bailes de show”.

Foron tres os grupos que se formaron durante o curso que acaba de rematar, no que os afeccionados á patinaxe artística practicaron diferentes niveis deste deporte e aprenderon novas figuras, saltos e piruetas. As clases continúan tamén durante o período de vacacións, cunha Escola de Verán que arrancou esta semana e que se prolongará ata agosto. Nela realizaranse actividades similares ás de todo o curso, pero tamén haberá unha parte dedicada ao traballo físico sen patíns.

As sesións impártense os martes e xoves de 10:00 a 12:00 e os venres de 11:00 a 13:00 horas no pavillón de Baño. Poden participar nenos a partir de 3 anos de idade e aínda hai prazas libres. Se algún está interesado en incorporarse, pode chamar ao teléfono 645 573 561.

Patinaxe23 2 Patinaxe23 3

Patinaxe23 4 Patinaxe23 5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver