Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os trámites deben realizarse no departamento de Servizos Sociais do Concello ata o día 26 de xullo

- Poden participar maiores de 65 anos, pensionistas e os seus cónxuxes

EscudoConcelloo

Valga, 4 de xullo de 2023.

O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso), en colaboración co Concello de Valga, abre o prazo para a presentación de solicitudes para participar na tempada 2023/2024 do programa de Turismo Social, que ter por obxectivo proporcionar ás persoas maiores estancias en zonas turísticas, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida, a súa saúde e á prevención da dependencia.

Para participar deben cumprirse os seguintes requisitos:

  • Ter 65 anos cumpridos ou ser pensioImserso2324nista de xubilación
  • Ser pensionista por viuvez con 55 anos cumpridos
  • Outros pensionistas ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos

Os usuarios poden ir acompañados polos seus cónxuxes sen que estes teñan que reunir os requisitos da idade ou pensión. Tamén poderán acompañalos fillos con discapacidade en grao igual ou superior ao 45%.

O programa, que conta coa colaboración do Concello, inclúe os seguintes servizos:

  • Aloxamento en réxime de pensión completa.
  • Transporte de ida e volta.
  • Póliza de seguros colectiva.
  • Servizo de medicina xeral no propio hotel.
  • Programa de animación sociocultural.

As solicitudes poden tramitarse no departamento de Servizos Sociais do Concello ata o 26 de xullo.

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver