Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os participantes estiveron onte á tarde en Valga vendo o Belén Artesanal, a Mina Mercedes, o Museo e o Centro de Interpretación da Caña do País

- O alcalde, José María Bello Maneiro, saudounos no Parque Irmáns Dios Mosquera e convidounos a regresar a Valga

Quetzal23 1

Valga, 4 de xullo de 2023.

Valga recibiu onte á tarde aos douscentos expedicionarios da Ruta Quetzal e, entre eles, a Irene Sanmarco e Amalia Saavedra, dúas mozas valguesas que están a compartir esta experiencia con algúns dos mellores expedientes académicos de España. Dende o pasado sábado e ata o día 14 están a percorrer diferentes zonas de Galicia e do norte de Portugal.

Vilanova, A Illa e Valga foron algúns dos lugares aos que se achegaron nestas xornadas iniciais, e hoxe emprenden viaxe cara a localidade lusa de Ponte da Lima, onde teñen previsto realizar unha ruta en kayak, unha das actividades que Irene e Amalia agardan con máis ansia: “Temos moitas gañas”. Este inicio de ruta está a ser para elas “cansada, porque hai moitas camiñadas e temos pouco tempo para visitar moitos sitios, pero a xente e o ambiente que hai entre todos son incribles”, explican.

En Valga, durante unhas horas tiveron a ocasión de visitar algúns dos principais puntos de interese, coma o Belén Artesanal en Movemento, o Museo da Historia ou o Centro de Interpretación da Caña do País. Ademais, fixeron unha ruta a pé dende a Mina Mercedes ata Pontevalga, pasando por zonas coma O Carballiño e A Bouza. Parque Irmáns Dios Mosquera foron saudados polo alcalde, José María Bello Maneiro, que lles dou a “benvida ás terras da Bella Otero” e desexoulles que aproveiten ao máximo e gocen desta experiencia. Ademais, convidounos a regresar a Valga coas súas familias e achegados. “Algúns dos nosos novos amigos, da Rioxa ou Valencia, queren volver”, confirman Amalia e Irene, “e tamén aos galegos que participan na ruta lles gustou moito Valga. No Belén fixémoslles de guías e encantoulles e tamén lles gustan moito as paisaxes tan verdes que temos”.

Para despedir ao grupo, Bello Maneiro agasallou cunha reprodución do Petróglifo Pedra da Serpe ao promotor da Ruta, Íñigo de la Quadra-Salcedo, fillo do emblemático aventureiro Miguel de la Quadra, que estivo acompañando aos expedicionarios durante a súa estadía Valga.

Quetzal23 2 Quetzal23 3

Quetzal23 4 Quetzal23 4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver