Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Instalaron unha balaustrada nas bancadas do auditorio ao aire libre e agora están actuando na zona do miradoiro

- Tamén habilitarán escaleiras para subir ás gradas, crearán illas de contedores e colocarán un banco circular

Carpintería OE1

Valga, 26 de xuño de 2023. 
Os alumnos da especialidade de carpintería do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI, promovido polos concellos de Valga e Moraña, están a realizar traballos na área fluvial de Vilarello, consistentes na renovación de parte das varandas de madeira e na fabricación e colocación de novo mobiliario urbano.

Unha das zonas nas que se desenvolven as actuacións é o audi torio ao aire libre, onde os aprendices retiraron a vella varanda das bancadas, que se atopaba deteriorada, e colocaron outra nova de madeira de abeto tratada en autoclave. A balaustrada está formada por postes unidos por táboas de diferentes grosores. Os traballos neste punto completaranse coa colocación dunhas escaleiras para facilitar a subida do público ás gradas.

Outra das zonas nas que se executan melloras é a de miradoiro, onde tamén se están a instalar novos tramos de varandas. En total, renovaranse máis de 100 metros de balaustradas nesta área fluvial.

Tamén está prevista a dotación de mobiliario urbano de madeira; en concreto, dúas illas de contedores e un banco circular.

Para completar o proxecto de acondicionamento, esta semana incorporaranse os aprendices da especialidade de forestais para realizar tarefas de limpeza, desbroces e podas.

Carpintería OE2 Carpintería OE3

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver