Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Numerosas familias achegáronse ao Auditorio Municipal a presenciar a actividade

- Os raparigos e o equipo docente protagonizaron divertidas actuacións

FestivalEIM23 1

Valga, 26 de xuño de 2022.

A Escola Infantil Municipal celebrou o venres o remate do curso cun festival que tivo lugar nas instalacións do Auditorio Municipal e que reuniu ao alumnado, ás súas familias e ao equipo de mestres e educadores do centro.

Os raparigos, divididos por aulas, foron subindo ao escenario para protagonizar actuacións musicais e de baile, vestindo disfraces de Aladín, trolls, leóns, rockeiros da película Grease, o limpachimeneas de Mery Poppins e mariachis mexicanos. Tamén os seus mestres se animaron a bailar para o público.

O acto tivo como colofón a despedida dos nenos de tres anos que neste curso rematan a súa etapa na escola para empezar, en setembro, o segundo ciclo de Educación Infantil nos colexios ou nas escolas do CRA.

FestivalEIM23 2 FestivalEIM23 3

FestivalEIM23 10

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver