Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os diplomas aos cativos que rematan a súa etapa nas escolas entregáronse nunha festa na praia de Vilarello

- Os case 90 nenos do CRA reuníronse nunha xornada de convivencia con xogos e obradoiros

FinCursoCRA1

Valga, 24 de xuño de 2023.

O CRA de Valga tamén festexou durante esta semana o remate do curso escolar con diferentes actividades nas que pararon o alumnado das escolas de Vilarello, Ferreirós, Chenlo, Xanza, Forno e Campaña, o equipo docente e as familias.

Os preto de 90 alumnos dos seis colexios rurais valgueses reuníronse nunha xornada de convivencia na que realizaron obradoiros de baile, pombas, ‘glitter’, xogos artísticos e deportivos e contacontos.

Os pequenos pasárono en grande compartindo momentos cos seus compañeiros e profesorado, como previa da festa de graduación do alumnado de 5 anos que rematou a súa etapa educativa no CRA e que tralo verán se incorporará ao colexio.

A celebración tivo lugar na praia fluvial de Vilarello e non faltou a entrega de diplomas aos protagonistas.

FinCursoCRA2 FinCursoCRA3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver