Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Terá lugar o día 29 de xuño no Auditorio a partir das 16:00 horas, con entrada de balde para todo tipo de públicos

- Falará sobre como seguir unha dieta equilibrada e sobre alimentos procesados e ultraprocesados

CHARLAETIQUETADO

Valga, 24 de xuño de 2023.

O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro xoves, 29 de xuño, unha nova charla divulgativa sobre alimentación saudable a cargo de Alejandra Martínez Cortiñas, a dietista-nutricionista do Centro de Saúde de Valga.

Esta conferencia será complementaria á que se celebrou no pasado mes de marco e estará centrada no etiquetado nutricional, as cuestións que se deben ter en conta á hora de elixir determinados produtos e en que parámetros deben fixarse os consumidores de todos os que aparecen nas embalaxes dos alimentos.

Ademais, a especialista tamén ofrecerá unhas nocións básicas para seguir unha alimentación saudable e centrará parte da súa intervención na diferencia entre os alimentos procesados e ultraprocesados.

A charla dará comezo ás 16:00 horas, con entrada libre e gratuíta para todo tipo de públicos e sen que sexa necesaria inscrición previa.

CHARLAETIQUETADO

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver