Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e a concelleira de Educación asistiron ao acto no que os estudantes recibiron os diplomas

- Tania Otero e Samuel Rial foron galardoados cos premios extraordinarios de Ciencias e Humanidades

GraduaciónIES23 1

Valga, 23 de xuño de 2023.

O IES de Valga despediu onte á promoción de alumnos que, tras cursar 2º de Bacharelato, vén de rematar a súa etapa no instituto. O acto de graduación celebrouse no Auditorio coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, que acompañaron aos homenaxeados, ás súas familias e achegados e ao equipo docente do instituto.

Laura Ríos e Pablo Guimarey foron os presentadores dunha gala na que houbo momentos emotivos e de nostalxia pola etapa que se pecha, pero tamén palabras de ilusión e esperanza polo novo ciclo que agora comeza para este grupo de mozos, moitos deles valgueses, pero tamén catoirenses, cesureños e incluso doutras nacionalidades. Vinte e un presentáronse ás probas de acceso á Universidade, acadando un 100% de aprobados e unha media superior a 7. É o resultado do traballo realizado por toda a comunidade educativa: fundamentalmente do esforzo dos estudantes, pero tamén da implicación do profesorado e do apoio das familias. A todos eles deu os “parabéns” o alcalde.

Foi unha tarde, ademais, na que non faltaron os consellos para os graduados. Os padriños da promoción, os mestres Ilda e Jaime, arengáronos a ter sempre espírito crítico, a ser libres para escoller o seu destino e a manter viva a curiosidade, que “é a base do coñecemento”.

Tralos discursos, os estudantes recibiron os seus diplomas e, ademais, entregáronse o Premio Extraordinario de Ciencias “Ángel Carracedo”, que recaeu en Samuel Rial Maneiro, e o Premio Extraordinario de Humanidades e Ciencias Sociais, que recolleu Tania Otero Isorna.

Durante a graduación actuou a Banda de Música Municipal que, dirixida por Manuel Villar, interpretou varios temas e pechou o acto cos himnos de Valga e de Galicia.

GraduaciónIES23 2 GraduaciónIES23 3

GraduaciónIES23 4 GraduaciónIES23 5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver