Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Vinte e dous alumnos despedíronse do centro ao rematar a súa etapa de Primaria

- Os mestres Checho, Alicia e Tamara tamén conclúen o seu periplo docente no colexio de Cordeiro

FestivalFerroCouselo23 1

Valga, 22 de xuño de 2023.

O final dun curso é sempre momento de despedidas e un exemplo foi o festival do CEP Xesús Ferro Couselo, que tivo lugar onte á tarde no Auditorio coa participación de familias, docentes e estudantes para os que a ledicia do inicio das vacacións se mesturou, nalgúns casos, coa tristura de deixar atrás a súa etapa no centro e dicir adeus a compañeiros e mestres.

Son 22 os alumnos de 6º que acaban de rematar a súa etapa de Primaria e que o vindeiro curso iniciarán a Educación Secundaria no instituto. Para eles, que recibiron o seu merecido diploma, conclúe un ciclo, como tamén para os profesores Checho, Alicia e Tamara que deixan o colexio Ferro Couselo despois de 15, 11 e 5 anos formando parte do equipo docente.

O festival foi un compendio de actuacións do alumnado, que demostrou a súas dotes artísticas con obras teatrais e pezas musicais. “O rap da natureza”, “O xuízo final”, un desembarco pirata ou o “Himno da Alegría” de Beethoven foron algunhas das interpretacións que protagonizaron os rapaces.

FestivalFerroCouselo23 2 FestivalFerroCouselo23 3

FestivalFerroCouselo23 9 FestivalFerroCouselo23 10

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver