Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Fútbol, Brilé, Carreiras de sacos, Cangrexo e unha xincana serán os xogos que se disputen o día 1 de xullo na praia fluvial

- Os equipos teñen de prazo para inscribirse ata as 13:00 horas do 29 de xuño

Olimpíadas22 1

Valga, 7 de xuño de 2023.
As “Olimpíadas da Aldea” xa quecen motores para unha nova edición, que se disputará durante a xornada do día 1 de xullo no seu escenario habitual: a praia fluvial de Vilarello, que se converterá nun espazo multideporte no que os diferentes equipos competirán de forma simultánea en diferentes disciplinas deportivas e xogos: Fútbol praia, Brilé, Carreiras de sacos, o Cangrexo e unha xincana.

A Concellería de Cultura e Xuventude ten aberto dende hoxe o prazo de inscrición para participar nesta actividade, que forma parte da programación da Festa da Xuventude. Os equipos deben estar formados por un mínimo de 4 persoas e un máximo de 6, todos a partir de 15 anos de idade. Os equipos serán mixtos e contarán cun mínimo de dúas persoas de cada xénero. En todos os xogos debe haber representación de ambos xéneros.

Ademais, cada equipo deberá contar cun capitán que exercerá de representante ante a organización e cunha vestimenta que o diferencie do resto de conxuntos participantes. En caso de non tela, a organización facilitaralle petos.

En cada xogo outorgaranse as correspondentes medallas de ouro e prata aos primeiros e segundos clasificados, ademais de gratificalos con 200 e 100 euros respectivamente. En total, repartiranse 1.500 euros en premios.

Unha vez rematadas as competicións, designarase ao campión absoluto das Olimpíadas, que será o equipo que máis medallas douradas acumule. En caso de empate, terase en conta tamén o número de medallas de prata. Ademais, entregarase un trofeo á deportividade.

O prazo para anotarse estará aberto ata as 13:00 horas do día 29 de xuño entregando no Concello a correspondente folla de inscrición cuberta ou enviándoa por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A folla pode descargarse na páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) ou recollerse en papel nas oficinas municipais.

CartelOlimíadas23

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver