Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mestra composteira do Concello entregou ao centro un recoñecemento pola boa xestión que realizan dos residuos orgánicos

- Unha axente do Seprona impartiu unha charla sobre o coidado dos espazos naturais e incendios forestais

MedioAmbienteBaño1

Valga, 5 de xuño de 2023.

Os centros educativos valgueses conmemoraron hoxe o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data establecida pola Organización de Nacións Unidas (ONU) en 1973 e que hoxe cumpre o seu cincuenta aniversario cunha edición dedicada á concienciación sobre a problemática dos plásticos e o seu vertido en ríos, lagoas e mares, pola longa durabilidade e resistencia á degradación deste material.

Un dos colexios que se volcou coa celebración deste día foi o CEIP Baño-Xanza, no que durante esta mañá se desenvolveron diferentes actividades relacionadas co medio ambiente o seu coidado. O alumnado do centro asistiu a unha conferencia impartida por unha axente do Seprona (Servizo de Proteción da Natureza da Garda Civil), na que lles falou sobre o traballo que realizan, deulles pautas para non danar os espazos naturais e sobre como comportarse se se declara un incendio forestal no monte. Outra charlas á que asistiron os máis cativos centrouse na importancia das árbores para a vida.

No patio do colexio despregouse unha exposición fotográfica sobre os traballos realizados durante todo o curso en materia ambiental. Nesta iniciativa colaborou o alumnado, pero tamén as súas familias, cedendo paneis e outros materiais para que esta iniciativa fose posible. Unha segunda exposición estivo integrada por diferentes xogos feitos con materiais reciclados por estudantes de 5º e 6º de Primaria. Un tres en raia con tapóns de botellas ou un futbolín con pinzas foron algúns dos xoguetes.

Ao longo da mañá, os nenos de 1º curso de Primaria realizaron unha intervención ambiental no parque situado xunto ao colexio. En dez minutos recolleron catro capachos de lixo que atoparon neste espazo e, a continuación, a mestra composteira do Concello, Silvia Torres, explicoulles como contribuír á reciclaxe deses residuos depositándoos nos contedores correctos.

A responsable da área de compostaxe municipal fixo entrega á directora do colexio, Eva Zumalave, dunha placa outorgada pola administración local e o Plan Revitaliza da Deputación en recoñecemento á boa xestión dos residuos orgánicos que está a facer o centro. No CEIP Baño-Xanza funciona dende marzo de 2021 un composteiro comunitario no que se trataron ata o de agora 22 toneladas de restos do comedor e das merendas dos alumnos. Tralo proceso de compostaxe, obtivéronse 11 toneladas de abono natural.

MedioAmbienteBaño3 MedioAmbienteBaño4

MedioAmbienteBaño7

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver