Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estanse a instalar tubaxes para a condución das augas polo bordo exterior da construción

- Operarios do Concello están a substituír elementos da carpintería interior nos aseos e vestiarios

PavillónObra1

Valga, 24 de maio de 2023.

O pavillón municipal de Cordeiro está sendo sometido a diversas obras de mellora como paso previo ao investimento de case 150.000 euros na colocación dun novo pavimento.

As actuacións que se realizan consisten, por unha parte, na mellora do sistema de drenaxe no exterior da construción para evitar filtracións ao interior que poidan afectar, precisamente, á pista, como sucedeu coa anterior. As máquinas escavadoras abriron unha gabia polo bordo do pavillón e agora estanse a instalar as tubaxes para recoller e conducir as augas pluviais.

Ademais, operarios do Concello tamén traballan na renovación de parte da carpintería interior, concretamente as portas dos aseos e vestiarios, retirando as vellas e subsituíndoas por outras novas.

Outra das melloras  que se desenvolven no recinto deportivo é o pintado das paredes interiores, unha actuación de embelecemento que realiza persoal da empresa ---, como paso previo á obra que culminará as reformas no pavillón: a instalación dun novo pavimento que garanta a boa práctica das distintas disciplinas deportivas que alí se realizan (fútbol sala, baloncesto, tenis, balonmán, patinaxe, karate...).

A pista será de linóleo acústico de 4 milímetros de espesor, con tratamento antiestático e acabado liso. Sobre ela pintaranse e sinalizaranse os diferentes campos de xogo: patinaxe, balonmán, tenis, voleibol, baloncesto e bádminton.

PavillónObra2 PavillónObra5

PavillónObra3 PavillónObra4

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver