Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade foi promovida en colaboración co Fondo Galego de Cooperación do que é socio o Concello de Valga

- Unha técnica ambiental informou aos participantes sobre a sustentabilidade vencellada a auga e sobre a protección deste recurso

PerformanceAuga1

Valga, 11 de maio de 2023.

Coa preocupante situación de seca que afecta a boa parte de España e o debate sobre a xestión da auga de máxima actualidade, o Concello –en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e co IES de Valga– desenvolveu unha actividade que puxo o foco sobre este recurso esencial para a vida pero cada vez máis escaso. Tratouse dunha acción de concienciación sobre a sustentabilidade vencellada á auga, entendida esta como un dereito fundamental, afondando na idea de que se trata dun recurso que necesita protección.

Nesta iniciativa, que tivo como colofón unha ‘performance’, participaron alumnos de 1º curso da ESO do IES de Valga e usuarios do CODI, que previamente participaron en varias sesións informativas de carácter ambiental impartidas por unha técnica experta na materia e nun obradoiro de dramatización e teatro para ofrecerlles as ferramentas que os capacitasen para a creación da acción artística.

A duración total do proceso foi de máis de seis horas, distribuídas en tres sesións. Os estudantes e usuarios do CODI foron protagonistas en todos os pasos do proceso, elixindo os contidos e temáticas a tratar e tamén aspectos da posta en escena final, que tivo lugar onte.

PerformanceAuga2 PerformanceAuga3

PerformanceAuga4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver