Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Unha comida, xogos populares, inchables e actuacións musicais foron as actividades programadas

- O alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Pedro Calvo e José Lagos asistiron en representación municipal

RadioV1

Valga, 8 de maio de 2023.

O Parque Irmáns Dios Mosquera foi o punto neurálxico das celebracións do vixésimo cuarto aniversario da radio municipal. Máis de trescentas persoas déronse cita para participar nos festexos, que incluíron un xantar popular e outras actividades culturais e recreativas coma actuacións musicais e xogos. En representación do Concello asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros José Lagos e Pedro Calvo, que ademais é locutor de Radio Valga.

A Banda de Música Municipal de Valga foi a encargada de amenizar a sesión vermú dunha actuación dirixida por Manuel Villar Touceda. O xantar, a cargo de Lito Mambís, abriuse con empanada como entrante e, como pratos principais, degustáronse polvo á feira e churrasco con patacas e ensalada. Non faltaron a sobremesa e o café.

Unha vez rematada a comida, o director de Radio Valga, Héctor Bermúdez, coa axuda dunha man inocente, sorteou agasallos doados por empresas e casas comerciais colaboradoras: xamóns, pequenos electrodomésticos, carros para ir mercar e lotes de diferentes produtos foron algúns dos regalos que se entregaron aos afortunados.

Pola tarde non faltou a diversión, cun baile a  cargo de Music Stars e Dúo Reflejos e tamén con xogos para maiores e cativos. A chave, a ra, a estornela ou o aro foron algúns dos xogos populares cos que se atreveron os moitos dos asistentes, mentres que os máis cativos tiveron inchables.

RadioV2 RadioV3

RadioV4 RadioV9

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver