Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e o concelleiro de Cultura asistiron esta mañá á inauguración da mostra

- Cadros e pintura sobre tella, cristal e outros materiais poden verse ata finais de mes

ExpoCS1

Valga, 2 de maio de 2023.

Coincidindo co comezo de mes o Auditorio Municipal muda a súa exposición e recibe os traballos realizados polos asistentes ás clases de pintura e manualidades do Campus Sénior. Pilar Rico, Ana Barreiro, Lissette Ballesteros, Asunción Blanco, Segunda Magariños, Josefa Cortés, Carmen Miguéns, Manuela Eiras, Javier Castiñeiras, Nita Rodríguez, Edelmira Ferro, Carmen García, Joaquín Serén, Nieves Santiago, Tina e Áurea son os protagonistas da mostra, que esta mañá foi inaugurada polo alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Pedro Calvo e Malena Isorna.

Os cadros son maioría entre as obras que se expoñen, pero tamén poden verse traballos pictóricos sobre cristal, cerámica ou madeira, e debuxos feitos con carbón. “Moitas so pinturas costumistas inspiradas no día a día dos seus autores”, explica a profesora, Ángeles Garrido. Paisaxes da zona (coma a Mina Mercedes ou as Torres de Oeste), familiares, mascotas... son algunhas das temáticas elixidas para os traballos, mentres que noutros casos optaron por reproducir fotografías ou cadros de recoñecidos artistas aportándolles unha visión persoal.

As clases impártense os martes e xoves no Auditorio e no CODI e “para case todos os alumnos actúan coma unha terapia. Grazas a este tipo de actividades saen da casa, mantéñense activos relaciónanse cos seus compañeiros e forman comunidade”, incide a mestra. A maioría “descubriron aquí que a pintura lles encanta”. Un exemplo é Lissette Ballesteros, venezolana afincada en Valga dende o pasado mes de agosto, que falou no acto inaugural en representación de todos os alumnos do Campus Sénior. “Nestas clases descubrín que teño talento para a pintura e agora estou namorada desta actividade”, dixo. Ademais, engadiu que “Aínda que levo pouco tempo en Valga xa levaba bastante máis en España e é a primeira vez que me sinto plenamente integrada” grazas á súa participación no Campus Sénior e ao recibimento que lle brindaron os seus compañeiros.

O alcalde amosouse “orgulloso” de escoitar palabras coma as de Lissette e de que os valgueses fagan cala do seu carácter acolledor. Aproveitou, ademais, para felicitar a todos os protagonistas da exposición polos seus traballos e animounos a continuar asistindo a esta e a outras actividades para seguir descubrindo os seus talentos ocultos.

ExpoCS2 ExpoCS3

ExpoCS4 ExpoCS5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver