Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Realizaron unha visita formativa sobre a xestión dos residuos na que tiveron como guías aos mestres composteiros do Concello

- Despois achegáronse ata o pantalán de Santa Cristina, no río Ulla, onde merendaron

ColeBañoPL1

Valga, 27 de abril de 2023.

Alumnado do colexio Baño-Xanza realizou na xornada de onte unha visita formativa ás instalacións do Punto Limpo, un servizo que o Concello de Valga ofrece aos veciños para fomentar a separación de residuos. A comitiva escolar estivo integrada por estudantes de 6º de Primaria, as súas titoras e a directora do centro, Eva Zumalave, que se desprazaron a pé ata o Punto Limpo, onde foron recibidos polos mestres composteiros Yoel Castro e Silvia Torres.

Explicáronlles que tipo de residuos poden depositarse no Punto Limpo, o proceso que seguen dende que os veciños os levan para unha correcta separación, depositándoos nos colectores destinados a cada tipoloxía. Ademais, faláronlles sobre a importancia da reutilización. De feito, moitos rapaces detectaron entre o lixo obxectos e materiais que lles gustaría levar para darlles unha segunda vida.

Os estudantes amosáronse moi participativos, con moita curiosidade e realizaron diversas preguntas sobre a xestión que se realiza en Valga dos residuos xerados pola poboación. Os responsables deste departamento do Concello trataron de conciencialos de que o lixo non desaparece cando se deposita nos contedores, de aí que sexa importante reutilizar e reciclar sempre que sexa posible.

Tralo percorrido polo recinto, os alumnos tamén se interesaron por outras instalacións municipais que existen nos arredores do Punto Limpo, coma a nave destinada á acumulación de material estruturante que se emprega no proceso de compostaxe. Os mestres composteiros, Silvia e Yoel, explicáronlles en que consiste este sistema de reciclaxe dos residuos orgánicos para a súa conversión en abono.

Unha vez rematada a visita, o grupo de escolares continuaron coñecendo esta zona de Valga e achegáronse ata o pantalán de Santa Cristina, onde merendaron, xogaron e gozaron coas fermosas paisaxes que forma o río Ulla.

ColeBañoPL2 ColeBañoPL3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver