Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Máis de vinte localidades de Galicia e Portugal estiveron representadas na xuntanza

- A duodécima etapa da ruta discorre por Valga, pasando por lugares coma Parafita, a capela de Martores ou Laceiras

ReuniónVíaMariana1

Valga, 31 de marzo de 2023.

A concelleira de Turismo, Malena Isorna, asistiu onte en Melgaço (Portugal), á segunda reunión transfronteiriza de concellos e cámaras municipais da Vía Mariana, unha ruta de peregrinación  bidireccional que, nos seus case 400 quilómetros de lonxitude, discorre entre Braga e Muxía e une os santuarios de devoción mariana de Galicia e do Norte de Portugal.

Máis dunha vintena de localidades galegas e lusas, deputacións, Xunta e outras institucións estiveron representadas neste encontro, no que se ratificou o compromiso de divulgar e potenciar a Vía Mariana, poñendo en valor a riqueza natural, cultural e patrimonial do itinerario. Os acordos adoptados na xuntanza foron:

  • A promoción e divulgación da vía con todos os seus valores ante todas as instancias posibles e a contribución para a súa inclusión na lista de Itinerarios Culturais Europeos do Consello de Europa.
  • Compromiso de axuda e favorecemento da acollida ao peregrino en tránsito.
  • Respectar e facer respectar o patrimonio material e natural vinculado ao itinerario.
  • Colaboración no mantemento físico e sinalización da ruta para o tránsito libre e seguro das persoas.

Dividida nun total de 18 tramos, a Vía Mariana discorre por Valga na súa etapa número 12, entrando por Parafita e pasando por lugares coma a Capela dos Martores, que algúns autores como José Guerra Campos sinalan como lugar de enterramento do herexe Prisciliano, Laceiras e o petróglifo de Camporredondo, no Monte dos Salgueiros. Ademais, o albergue do Pino é un dos sinalados como lugar de pernocta para os peregrinos.

Na reunión de Melgaço presentouse, ademais, unha guía interactiva (http://viamarianalusogalaica.eu/wp-content/uploads/INFOGRAFIA.pdf) que inclúe información das distintas etapas e na que se sitúan os santuarios máis representativos e outros elementos patrimoniais destacados da ruta. É unha ferramenta que trata de facilitar a experiencia aos peregrinos.

A Vía Mariana luso galaica naceu no ano 2019 co obxectivo de favorecer as zonas rurais polas que transcorre a ruta, fixar poboación nas mesmas e divulgar a súa riqueza paisaxística e patrimonial.

ReuniónVíaMariana2 ReuniónVíaMariana3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver