Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde mantivo hoxe unha xuntanza con representantes do Sector Ferroviario de CCOO, empresarios, comunidade educativa e cultural da vila para anunciar os avances nesta reivindicación

- “Como é posible que o tren pase por Valga sen deterse?”, pregúntase Bello Maneiro

9ae8cb9c 3396 4fd9 a11a fcac5cae50d0

Valga, 27 de marzo de 2023.
O alcalde, José María Bello Maneiro, mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes do Sector Ferroviario de Comisións Obreira (CCOO) e con diferentes axentes sociais de Valga para analizar os últimos avances nunha reivindicación que na que o Concello leva anos traballando: a creación dun apeadoiro ferroviario no municipio aproveitando o paso polas parroquias de Campaña e Cordeiro da liña entre A Coruña e Vigo. “Como é posible que o tren pase por Valga sen deterse?”, preguntouse o rexedor. Isto obriga á poboación local que queira utilizar este medio de transporte a desprazarse a outras vilas para coller o ferrocarril ou á inversa para vir a Valga.

Representantes do mundo empresarial e de sectores culturais e educativos participaron na reunión, na que se informou que o ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) ten encargado xa ao Ineco (sociedade de enxeñería e consultoría do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) un estudo sobre a posible creación dun apeadoiro en Valga. O alcalde lembrou que o Pleno aprobou por unanimidade unha moción apoiando a implantación de servizos ferroviarios de proximidade no municipio e lembrou que esta é unha vella demanda do Concello dende hai anos.

No acto anunciouse que se promoverá unha campaña de recollida de sinaturas en apoio a esta iniciativa, que se elevará á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta e á Delegación do Goberno en Galicia para que respalden a proposta de implantación do apeadoiro e a necesidade de crear un servizo ferroviario para Valga, xa que conta coas condicións necesarias para facelo posible.

Pola súa parte, Antón Conde, secretario xeral do Sector Ferroviario de CCOO, incidiu na necesidade de mellorar o servizo de proximidade para viaxeiros, complementado coa instalación de vías para mellorar a competitividade dos tráficos de mercadorías, tendo en conta a importante e crecente actividade industrial que existe nas proximidades do actual trazado ferroviario. “Resulta paradóxico que se destinen inxentes recursos económicos para mellorar a comunicación ferroviaria de Alta Velocidade, mentres o actual trazado da liña convencional, que atravesa o municipio, non dispón dunha parada de tren para carga e descarga de mercadorías nin dun apeadoiro para viaxeiros”.

Conde explicou que esta demandada mellora na oferta de servizos e transportes complementarios tería “enormes beneficios” al facilitar a mobilidade da poboación e o desenvolvemento económico, ao favorecer a implantación de empresas no territorio.

c0d10518 ca99 4143 b947 d132f6d61367

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver